3 de dez. de 2010

UNHA CLASE DE LITERATURA MEDIEVAL

Aquí tedes unha clase de literatura moi orixinal....

1 de dez. de 2010

1 de Decembro: DÍA DE LOITA CONTRA A SIDA

A Coordinadora Estatal VIH-SIDA presenta este vídeo ELIGE SIEMPRE CARA, porque segue a ser necesario facer visible unha vez máis a enfermidade.

13 de nov. de 2010

CUENTOS SILENCIOSOS

Unha marabilla de libro para agasallar neste Nadal...A versión en español chámase CUENTOS SILENCIOSOS... para ver e ler os contos de sempre dun xeito diferente.

5 de nov. de 2010

O FUTURO DO LIBRO

Unha breve e concisa información sobre o futuro dos libros e as novas formas de lectura que se aveciñan.

3 de nov. de 2010

SOBREVIVIRÁN AS LIBRERÍAS?

Cando vemos como pechan moitas librerías necesitamos sentidiño para reflexionar...

A ORIXE DA PALABRA BIDET...

Hoxe falabamos en clase dos GALICISMOS, da Revolución Francesa e da orixe de palabras como guillotina ou bidé. Penso que este vídeo ilustra dun xeito divertido a orixe do aparello que chamamos bidé. Ou non?

21 de out. de 2010

BIBLIOTECA DIXITAL

Presentación feita pola BP Anxel Casal de Santiago que nos axuda a utilizar unha serie de recursos electrónicos que están á nosa disposición por ter o carnet de socio da nosa biblioteca escolar, incluída na rede MEIGA. Agardamos que sirva para sacarlle todo o partido posible a estes materiais.

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR


"BIBLIOTECA ESCOLAR, UN MUNDO DE OPORTUNIDADES"
Seguindo a dinámica iniciada en 2008, a Consellería de Educación difunde un cartel co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos. Manuel Lariño e Miguelanxo Prado puxeran imaxe aos carteis anteriores. Nesta ocasión é Marina Seoane quen aceptou o reto de ilustrar o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Pódese acceder ao seu blogue e coñecer algo máis da súa obra.

A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

7 de out. de 2010

ALMANAQUE DE VERSOS

Presentámosvos un marabilloso traballo feito por Julia Goldar e que nos fai disfrutar dun xeito especial da poesía. Grazas compañeira por tan magnífico traballo.

2 de out. de 2010

CUMBIA GRAMATICAL

A Gramática tamén ten música. Os verbos son máis doados con ritmos incorporados.Ou non?

CUMBIA MATEMÁTICA

¿Quen dixo que as Matemáticas non tiñan ritmo? Así entendémolas moito mellor. Anda, móvete e non sexas cateto

26 de set. de 2010

BIBLIOTECA CENTRAL DE HELSINKI

A Biblioteca Central en Helsinki, que acolle a 5000 persoas diariamente, contitúe o tronco xerador de múltiples actividades que enchen de vidas ás súas pólas.

19 de jul. de 2010

PASEMOS AO PLAN B

Curtametraxe escrita e dirixida pola realizadora granadina Paz Piñar que recibiu o premio á Mellor Curta da VII edición da mostra Curtas en Feminino.

ENSINAR A XOGAR

Nestes días de verán, e grazas a un LICENCIADO EN ARENERO, e para aqueles e aquelas que xa o esqueceron, podemos aprender a xogar, sempre, sempre aprender a xogar...
s

24 de jun. de 2010

FIN DE CURSO NO COLE

O Colexio de Infantil e Primaria Mª Rosa Alonso (Taraconte- Tenerife) celebra a súa festa de fin de curso na que participa toda a comunidade educativa: 350 alumnos maís todo o persoal do cole. Preciosa festa compartida chea de creatividade e ilusións.

21 de jun. de 2010

HOMENAXE A SARAMAGO

Nuns días tristes coma estes en que perdimos a Jose saramago, non queremos deixar de lembrar este marabilloso conto. Sempre nos quedan os seus libros e a súa palabra feita lembranzas .............

4 de jun. de 2010

O QUE VAI SUPOÑER O DECRETO

Esta presentación é o recurso didáctico elaborado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que explica as consecuencias do decreto.

DECRETO
View more documents from Bergantera.

26 de mai. de 2010

Guía de lectura de MAKINARIA de CARLOS NEGRO

Rosa Salgueiro, compañeira , profesora e traballadora incansábel en actividades dirixidas ao ensino, preséntanos na súa páxina web unha completísima Guía de Lectura do libro de poemas Makinaria de Carlos Negro ; un libro que recomendamos especialmente, tanto para nós como para o noso alumnado e que constitúe unha proposta moi interesante para traballar na aula temas tan presentes na nosa vida diaria como a mestura de velocidade, alcohol, drogas, accidentes e morte...
A proposta foi elaborada en formato LIM e presenta dúas versións diferenciadas segundo o nivel de lectura e o tempo que se queira adicar a traballar o libro.-
.- Gozar da paisaxe (versión completa de 40 actividades)
.- Ir polo atallo (versión reducida de 30 actividades)

23 de mai. de 2010

ENSINAR GRAMÁTICA NA SECUNDARIA

Reproducimos unha entrevista no diario El País ao filólogo e académico Emilio Alarcos Llorach no que fala da importancia do uso da lingua oral e do ensino da gramática na Educación Secundaria.

15 de mai. de 2010

NONONEYRA NAS FLORES COUREL

Desde o IES de Arzúa, Marina achéganos esta marabillosa homenaxe a Uxío Novoneyra , percorrendo as paisaxes e as flores dos seus EIDOS, da súa vida e da súa lembranza.


23 de abr. de 2010

GÚSTAME LER

Que mellor maneira de celebrar o DÏA DO LIBRO que deleitándonos con estas mensaxes tan belas... E todo nun libro...

Me gusta leer from Andres Ubierna on Vimeo.

PARA QUE LES?



3 de abr. de 2010

QUE PASA CON EL DARWIN?

Unha nova e divertida teoría sobre o orixe do ser humano da man de LA TRINCA. Un xeito divertido de falar da evolución humana neste ano adicado a Darwin...

27 de mar. de 2010

UN TROVADOR PASA POLAS NOSAS VIDAS

Onte 26 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO e algúns profes, tivemos a sorte de ver, oir, sentir, rir... e pasar uns dos momentos máis intensos deste curso como remate das nosas aulas neste trimestre. Organizado pola Biblioteca do IES Otero Pedrayo e no Salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, que amablemente nos cedeu o seu espazo para este acto, puidemos disfrutar das trovas, cantos, poemas e cuitas dun xograr/trovador moi especial. Con el fomos de viaxe pola lingua, a literatura, a música, a pintura e a historia desde a Idade Media ata Barroco; e aí quedamos xa que o tempo non deu para máis... No próximo curso esperamos contar de novo coa arte dun xenial artista e dunha persoa moi sinxela e xenerosa. Grazas por todo Crispín e ata a próxima.

26 de mar. de 2010

CRISPÍN D'OLOT NO IES OTERO PEDRAYO




Pídovos silencio,…. silencio por favor…
silencio precisamos para escoitar o trovador,
porque o que ides ver sobre este estrado…
ben, merece, máis que nunca, estar calado.

Imos ver, oir, sentir, rir, e ata sufrir;
ás veces a literatura era un sinvivir.

Para este trimestre, ¡qué mellor remate…
que a poesía e a música veñan a debate!
da súa man palabras, versos, estrofas, poemas…
non deixemos de escoitar nin un fonema.
Non deixaremos de lado a fonética
para contar versos non usaban a aritmética;
repasaremos a lingua, a música, a pintura
tamén a nosa historia feita literatura.

Preséntovos agora, xa sen demora…
unha actuación dun pouco maís dunha hora,
dun xenial e singular humano
que ten hoxe máis de 400 anos…
Damas, cabaleiros, damiselas, donceis…amable público
deixo ás vosas mercedes cun artista único.

O seu oficio: TROVADOR…….
O seu Nome: CRISPÍN D’OLOT

25 de mar. de 2010

CARTA ABERTA DE XABIER P. DOCAMPO A ANXO LORENZO

Carta aberta de Xabier P. Docampo, mestre e escritor a Anxo lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística.

Sr. Lorenzo: Acabo de ler as súas desafortunadas declaracións en Faro de Vigo e La Opinión. Por certo, constato que ou fai estas declaracións á prensa en castelán ou non é capaz de esixir, como cómpre tendo en conta o seu cargo, que sexan publicadas en galego; se cadra, ten que facer méritos para lle demostrar a ben sabemos quen, que xa é un bo converso. Logo de lelas, debo dicirlle que vostede mente; ou sexa, di algo que sabe que non é certo co ánimo de enganar aos galegos e ás galegas. E antes de continuar, voulle demostrar que isto é así.

Di vostede que “El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007”. Vostede coñece, é imposíbel que o ignore, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 1084/2007, rexeita o ditame do Consello Consultivo de Galicia e declara que é perfectamente legal que “Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.” Por non falar das numerosas ocasións en que o Tribunal Constitucional avalou a pertinencia desta utilización nas aulas, como vía para a súa aprendizaxe.

Dicir o contrario é mentir e, por aquilo de que quen fai un cesto fai un cento se lle dan varas e tempo, dedúcese que dun mentireiro pouco máis podemos agardar que mentiras.

Di vostede “La ley no permite obligar a hablar gallego”. Pode, daquela, a lei obrigar a aprendelo nas clases de galego? Pode obrigar a lei a aprender a táboa de multiplicar? O que se aprende e usa na escola ten que estar explicitamente escrito na Constitución? Se a competencia nunha lingua só se adquire utilizándoa, como a han adquirir logo? Acaso por ciencia infusa? Son vostedes un fato de mentireiros e uns trapalleiros. Entregaron a súa alma ás minorías negacionistas cunha obscenidade escandalosa.

O seu decreto está envolto na mentira, na falsidade dos datos e das expectativas. Está feito sabendo que os alumnos e alumnas de familias castelán falantes nunca acadarán unha competencia mínima en galego. Está, pensado desde os privilexios de clase, feito para satisfacer os desexos antigalegos dun sector dos pais do alumnado do ensino privado (o de concertado non é máis que un uso indebido de medios públicos, mentres obriguen por vía de achegas “voluntarias” a pagar unha cantidade mensual complementaria).

Sr. Lorenzo, vostede, ao se facer reo voluntario da política etnocida do Sr. Feijoo, saberá canto lle pagou a pena botar pola xurreira abaixo unha carreira profesional merecente de todo respecto. Agora só fica para vostede a indignidade de ser, en complicidade con Falange Española de las JONS (vostede escribiu este decreto ao ditado do que eles demandaron en Compostela en febreiro de 2009), quen pasará a historia como a persoa que defendeu o maior ataque legal contra a lingua propia de Galicia desde Francisco Franco (que tamén era “gallego y de Falange”). Lamento moito ter que dicilo, pero a súa traizón cóbreo de indignidade. O seu cometido e desexo non foi nunca, agora o entendo, o de estabelecer un marco legal que substituíse ao mesmo decreto 124/2007 que defendeu publicamente; vostede foi encargado de lle dar unha aparencia científica e legal á mentira, o engano, a traizón. Non teño xa que escoller ningún cualificativo para lle aplicar, dedúcense doadamente do seu proceder.

Pero, de todos os xeitos, permítame que lle diga que aínda podería recuperar en boa parte a dignidade perdida (só os que nunca a tiveron non poden recuperala). Dimita. Abandone o barco onde xa só fican ratas. Déixeos sos. Dígalles que vostede non pode amparar semellante barbaridade, que non pode traizoar unha institución que, antes ca vostede, ocuparon outros e, uns máis e outros menos, todos foron facendo cousas, sempre avanzando por pouco que fose. Dígalles que non quere ser lembrado como único responsábel de Política Lingüísitca que fixo retroceder o galego nos seus dereitos. Que o fagan eles se queren, non se suicide socialmente, regrese á comprensión dos seus que, máis tarde ou máis cedo, sempre han entender que foi capaz de ter dignidade á última hora. Destes só pode agardar que o deixen tirado na cuneta (estilo falanxista) cando pensen que xa non lles serve. É difícil, pero mentres non estea o decreto no DOG sempre estará a tempo de merecer o respecto dos galegos e das galegas de hoxe e de mañá.

Despois xa nunca o poderá ter. Máis tarde ou máis cedo o seu decreto tamén será derrogado, cambiase por outro e deste só ficará a ignominia.

En calquera caso, non siga a mentir, que nin vostede nin eu nacemos onte.
Recollido en Vieiros.

21 de mar. de 2010

A POESÍA, UN ARMA CARGADA DE FUTURO...

"POESÍA NECESARIA COMO EL PAN DE CADA DÍA, COMO EL AIRE QUE ESIGIMOS 13 VECES POR MINUTO", como a auga, coma o sol que nos aquece o corpo e a alma. Necesitamos palabras para expresar todo o que sentimos, todo aquilo que somos incapaces de decir. Porque ainda necesitamos loitar por todo o que queremos...a poesía segue a ser como ben dixo Gabriel Celaya, UN ARMA CARGADA DE FUTURO...
Dous dos nosos mellores cantautores nos traen a voz de Celaya máis viva que nunca nestes días. Escoitemos...



21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA....

POESÍA TERAPEÚTICA......POESÍA CURATIVA PARA CADA DÍA .--
No ano 1993, MAEVA, unha pequena editorial madrileña, despois de comprobar en corpo e alma os saludables efectos dalgúns poemas clásicos, decidiu sacalos ao mercado en forma de medicamentos. Deste xeito, o romance de "Fontefrida", a oda "Qué descansada vida" de Fray Luis de León, o soneto ªA una narizª de Quevedo e a rima "Si al mecer" de Gustavo Adolfo Bécquer foron os elixidos para esta primeira, e ata o momento, única dose de poesía curativa.

¿Está vostede atrapado por un catarro do que non sabe como sair, e que convertíu o seu naris nun pemento morrón? O que vostede necesita é unha dose de "A una nariz", de Quevedo.
¿A vida diaria prodúcelle estrés e agobio de xeito constante? O ansiolítico que debe tomar é "Qué descansada vida!, de Fray Luis de León.
¿Padece vostede cefaleas, lumbalxias, e dores xeralizadas en todo o corpo? O seu mellor calmante é "Si al mecer" (las azules campanillas), de Bécquer. Tamén pode vostede conseguir un novo e revolucionario anticonceptivo oral: "O romance de Fontefrida". Para facer máis fácil o seu emprego e facilitar as pautas de dosificación os "poemas remedio" veñen en sobres iondividuais, acompañados dun prospecto con recomendación de uso, modo de emprego e posibles contraindicacións xa que, por exemplo, o abuso do poema de Quevedo pode producir o síndrome de Pinoccho.

A idea orixinal xurdiu na Universidade Italiana de Progetto, no ano 1990 con autores como Dante, Petrarca y Bocaccio. A Maite Cuadros, editora de Maeva, pareceulle interesante poñela en práctica, .
No 1993, ano do seu lanzamento ao mercado, o éxito das poesías terapeúticas foi total. Puxéronse á vendas 10.000 caixas nunha primeira edición en setembro de 1993, que se esgotaron en 4 meses; unha segunda edición, de 20.000 copias, tamén se esgotou durante o ano seguinte.
Pensamos que nestes tempos de crise xeralizada, onde frente a unha sociedade tremendamente "ben comunicada", temos tantas carencias, e nunca máis que agora somos víctimas de males como a soedade, a incomunicación, a tristezas, o estrés, o desamor... podería ser unha boa idea utilizar o poder curativo da POESÍA CADA DÍA ¿Por que non intentalo?.

13 de mar. de 2010

MORRE MIGUEL DELIBES, UN HOME HUMILDE E UN INMENSO ESCRITOR

Na madrugada de onte, 12 de marzo de 2010, morreu Miguel Delibes, o escritor vallisoletano que durante 50 anos nos foi presentando personaxes tan marabillosos como Danie el Mochuelo, Roque el Moñigo, Germán el Tiñoso, Paco el Bajo, Azarías, Régula... e que foi quen de crear un universo propio no mundo rural castelán desde os anos 50 ata hoxe. Grazas por todo eses mundos mestre.
Se queredes coñecer algo máis da vida e da obra de Miguel Delibes achegádevos ás súas obras, sempre vivas e de actualidade máis que nunca hoxe, a pesares do paso do tempo. Delibes é lembrado por moitos escritores e amigos que desde as páxinas do diario El País quixeron rendirlle homenaxe adicándolle diversos artigos cheos de cariño e recoñecemento, que recollen diferentes facetas da súa vida e das súas obras.


Muere Miguel Delibes a los 89 años


10 de mar. de 2010

DESVÁN DE LOS MONJES

Aquí temos a proba visual de que era verdade...A pesares de que case que parecía incríbel e non lle dabamos creto á información. Ademáis o propio Conselleiro de Cultura dixera: "Hai que ser estúpido para crer que eu vou dicir Desván de los Monjes". Sobran máis comentarios...

1 de mar. de 2010

A VIDA ESCRITA POLAS MULLERES II

A VIDA ESCRITA POLAS MULLERES I

MULLERES E LIBROS

Achegámonos ó Día da Muller Traballadora, e que mellor maneira de celebralo que lembrando o engado do poder da lectura para as mulleres,nestes e noutros tempos, como arma cargada de vida e de futuro...

15 de fev. de 2010

3º GOYA PARA LUIS TOSAR

MALAMADRE, o durísimo personaxe ao que da vida Luis Tosar, fíxolle gañar o seu 3º Goya, que adicou coma xa fixera as outras dúas veces a Galiza, ainda que nesta ocasión fixo a parte final e máís emotiva dos seus agradecementos en galego. Parabéns polo premio...


PABLO NERUDA: "Puedo escribir los versos más tristes esta noche..."

Un poema que sempre apetece volver escoitar no Día dos Namorados, e ademáis cunha montaxe en imaxes moi belas...

14 de fev. de 2010

BICOS no DÍA DOS NAMORADOS

Bicos, bicos, bicos....na arte a na vida...Presentación feita por dúas compañeiras do IES Illa de Arousa.

UN TROVADOR NO SÉCULO XXI

Un trovador do Século XXI, que con máis de 400 anos é capaz de facer malabarismos coa lingua española dos nosos días. Pasen e vexan...

13 de fev. de 2010

HOMENAXE AOS PERSONAXES DOS NOSOS TEBEOS

JAUME SISA, fai nesta canción un completo repaso a todos aqueles personaxes das historietas que formaron, forman e formarán parte das nosas aventuras fantásticas. ¿Con cal vos quedades?

7 de fev. de 2010

RODEADOS DE MATEMÁTICAS

Monólogo de César Goldi sobre a influencia das Matemáticas nas nosas vidas, dentro da actividade Chocomates, na Facultade de Matemáticas de Santiago.

55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA

HISTORIA DE AMOR NO LAVABO

Unha curtametraxe do ruso Konstantin Bronzit: Lavatory Lovestory, que presenta unha fermosa historia de amor nun orixinal escenari, un baño público. Bronzit utiliza un sobrio trazo en negro para contar sen diálogo de ningún tipo esta emotiva e divertida historia de amor e moito suspense en 10 minutos.



28 de jan. de 2010

NOVONEYRA E A PAZ

UXÍO NOVONEYRA tamén clamou pola PAZ no seu poema VIETNAM CANTO. Ainda resoa a súa voz segura e rexa nos nosos corazóns petando forte, moi forte......

PARA VENDER PAZ

POEMAS POLA PAZ

Grazas de novo a Loly Lago, do IES de Fene polo agasallo desta marabillosa recolleita poética coas letras das cancións para o Día da Paz.

24 de jan. de 2010

PARDO BAZÁN E O NATURALISMO

Para traballar na aula a vida e a obra de Emilia Pardo Bazán:
http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/Pardo_Bazan/vervideo.formato?

MÚSICA POLA PAZ

Presentamos unha selección de cancións e vídeos sobre o tema da PAZ feita desde a Biblioteca do IES de Fene

18 de jan. de 2010

DÍA DA PAZ

Edualter ofrécenos unha serie de actividades para traballar o tema da PAZ, a través do cinema, con propostas de actividades para o alumnado de ESO e Bacharelato.

15 de jan. de 2010

ARTE NOS LIBROS

Unha mostra magnífica da fusión da arte coa literatura, a través dos tempos............

O CIRCO DA BOLBORETA

Marabillosa curtametraxe que nos fala de superación, esperanza, dignidade e tamén de liberdade. Esta curta: The Butterfly Circus, coprotagonizada polo actor mexicano
Eduardo Verástegui, gañou o primeiro premio do concurso de curtametraxes “The Doorpost Film Project", que premia a cineastas “visionarios” que busquen nas súas obras a verdade e a promoción dunha serie de valores universais.



10 de jan. de 2010

"BOTELLÓN" CON LIBROS

Simpática parodia do programa Callejeros feita por José Mota. Unha crítica que nos permite reflexionar sobre o valor da lectura na sociedade actual por medio do humor.

8 de jan. de 2010

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA

Unha presentación completísima das infinitas posibilidades de dinamizar unha biblioteca escolar da man de Chema Tejadas do CEIP Juan de Vallejo de Burgos, que nos facilitou todos estes recursos posibles:

3 de jan. de 2010

PARA TRABALLAR COA PUBLICIDADE

Ofrecémosvos un enlace a una estupenda páxina para traballar coa publicidade na aula. Nela atoparedes todo tipo de recursos para analizar anuncios, recursos da retórica literaria, moi interesantes para as áreas das linguas.
http://http://publicidadresumida.wordpress.com/1-vamos-a-probar/retorica-visual/