8 de jun. de 2009

HOME, O PRANTO DA TERRA

Yann Arthus-Bertrand é un fotógrafo, especialista en imaxes aéreas. Agora, agasállanos con este magnífico documental titulado HOME, no que analiza os lamentos da Terra e tenta chegar a todo o mundo para que a súa mensaxe sexa escoitada. Aquí podedes ver o trailer e en Youtube (non permite inserción) podedes ver o documental completo dobrado ao español.

Estas son as palabras do propio autor:

"Estamos vivindo un periodo crucial. Os científicos dinnos que so temos 10 años para cambiar os nosos modos de vida, evitar o esgotamento dos recursos naturais e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra.
Cada un de nós debe participar no esforzo colectivo, e para sensibilizar ao maior número de persoas é polo que fixen a película HOME.
Para que esta película sexa difundida o máis amplamente posible, tiña que ser gratuita. Un mecenas, o grupo PPR, permitiu que o sea. Europacorp que o distribue, comprometeuse en non ter ningún beneficio porque HOME no ten ningún interese comercial.
Gustaríame que esta película se convertise na vosa película. Compártea. E actúa".

Nenhum comentário: