26 de mai. de 2010

Guía de lectura de MAKINARIA de CARLOS NEGRO

Rosa Salgueiro, compañeira , profesora e traballadora incansábel en actividades dirixidas ao ensino, preséntanos na súa páxina web unha completísima Guía de Lectura do libro de poemas Makinaria de Carlos Negro ; un libro que recomendamos especialmente, tanto para nós como para o noso alumnado e que constitúe unha proposta moi interesante para traballar na aula temas tan presentes na nosa vida diaria como a mestura de velocidade, alcohol, drogas, accidentes e morte...
A proposta foi elaborada en formato LIM e presenta dúas versións diferenciadas segundo o nivel de lectura e o tempo que se queira adicar a traballar o libro.-
.- Gozar da paisaxe (versión completa de 40 actividades)
.- Ir polo atallo (versión reducida de 30 actividades)

23 de mai. de 2010

ENSINAR GRAMÁTICA NA SECUNDARIA

Reproducimos unha entrevista no diario El País ao filólogo e académico Emilio Alarcos Llorach no que fala da importancia do uso da lingua oral e do ensino da gramática na Educación Secundaria.

15 de mai. de 2010

NONONEYRA NAS FLORES COUREL

Desde o IES de Arzúa, Marina achéganos esta marabillosa homenaxe a Uxío Novoneyra , percorrendo as paisaxes e as flores dos seus EIDOS, da súa vida e da súa lembranza.